martes, 13 de marzo de 2007

Aquí estou!!!

Calquera o diría: estou escribindo un blog. Nunca tal cousa pensei pero amigos, nestes tempos incertos de paro (buah, buah) un xa non sabe que facer coas horas e claro está, hai que buscar alicientes para non irlle facer visitas diarias ás shops do noso querido Amancio Ortega... non por el, senón porque calquera hora lle teño que pedir un adianto ao INEM para subsistir. Bueno, que saibades que aínda non sei como se emprega todo esto pero que, en todo caso, cando aprenda, espero que este sexa un lugar pouco plural, totalmente politizado e escorado hacia os movementos máis radicais, etc. E xa sabedes, para que me anime e non caia nunha depresión (neste meu estado de parásito andante) tendes que contestar e participar como os que máis. Ala, bicos mil!!!

3 comentarios:

albixoi dijo...

Parabéns por este comezo no mundo da blogosfera. Eu, con non fas ti, estarei pendente de cada unha das ideas, pensamentos, opinións, situacións que che acontezan. Polo do traballo non te preocupes, a túa enorme valía verase recompensada con aquel traballo que tanto agardas. Desde aquí, anímote a que continúes este camiño que acabas de comezar.

torredebabel dijo...

Ola Maria! benvida!!!! virei por aquí de visita, dende logo.

Alberte Momán Noval dijo...

benvida!! verémonos por este teu agocho.