martes, 13 de marzo de 2007
Aquí estou!!!
Calquera o diría: estou escribindo un blog. Nunca tal cousa pensei pero amigos, nestes tempos incertos de paro (buah, buah) un xa non sabe que facer coas horas e claro está, hai que buscar alicientes para non irlle facer visitas diarias ás shops do noso querido Amancio Ortega... non por el, senón porque calquera hora lle teño que pedir un adianto ao INEM para subsistir. Bueno, que saibades que aínda non sei como se emprega todo esto pero que, en todo caso, cando aprenda, espero que este sexa un lugar pouco plural, totalmente politizado e escorado hacia os movementos máis radicais, etc. E xa sabedes, para que me anime e non caia nunha depresión (neste meu estado de parásito andante) tendes que contestar e participar como os que máis. Ala, bicos mil!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)